Episode Details
Back to Episodes
Henrique Dacosta presenta en Canido este xoves "Mortes con argumento", o seu primeiro thriller ambientado en Ferrolterra
Published 3 months ago
Description
O profesor e escritor ferrolán Henrique Dacosta presentará o vindeiro xoves no Centro Cívico de Canido a súa última novela, Mortes con argumento. Trátase do seu primeiro thriller policial, aínda que o autor recoñece que tende de maneira natural a escribir obras híbridas, difíciles de encadrar nun único xénero. A historia arrinca cunha morte estraña ao pé da Pena Molexa e continúa cunha explosión nun parque eólico próximo, feitos que serán investigados pola inspectora Iria Arnoso e o subinspector Telmo Chelas. A novela combina unha trama policial clásica con elementos simbólicos, lendarios e socioculturais propios de Ferrolterra, reflexionando sobre a perda das raíces, a transformación social e o desarraigo cultural. Como na maioría da súa obra, Dacosta escolle escenarios que coñece de primeira man, reforzando o peso do contexto como parte esencial do relato.