Episode Details
Back to Episodes
O Ateneo Ferrolán acolle esta tarde as Xornadas da Gaita Antón Varela "Tonecho" entre tradición e creación contemporánea
Published 2 months, 3 weeks ago
Description
O Ateneo Ferrolán acolle, esta tarde desde as 19.00 horas, unha nova edición das Xornadas da Gaita Antón Varela ‘Tonecho’, unha cita xa consolidada no calendario cultural de Ferrol dedicada á posta en valor da música tradicional galega, a súa artesanía e as novas creacións musicais. As xornadas contan coa colaboración de Marcos do Obradoiro de Marcos, discípulo directo de Antón Varela ‘Tonecho’, figura clave na transmisión da tradición gaitera. O programa inclúe a charla ‘A zanfona do cego de Carelle’, a cargo do luthier Xoán Manuel Tubío Fernández (Xaneco), así como a presentación do disco ‘Daydreaming’ de María López, un proxecto persoal que aposta pola liberdade creativa e a fusión de linguaxes musicais.