Episode Details
Back to Episodes
Vai Rañala Meu! celebra o Nadal en Sedes cos tradicionais Cantos de Nadal e unha recollida solidaria
Published 2 months, 3 weeks ago
Description
A Asociación Cultural Vai Rañala Meu! de Sedes organiza o vindeiro domingo 21 de decembro unha nova edición dos seus xa afamados Cantos de Nadal, unha cita imprescindible da programación cultural navideña en Narón que se vén celebrando de maneira ininterrompida dende o ano 2015.
A actividade terá lugar no Centro Cívico Social de Sedes e dará comezo ás 18:00 horas cun obradoiro de Cantos de Nadal, no que as persoas asistentes poderán coñecer os distintos tipos de cantos tradicionais, descubrir como os interpretanban os nosos maiores e aprender cinco pezas propias do Nadal galego.
Arredor das 19:00 horas farase unha pequena pausa para repoñer forzas con chocolate quente e bola, antes de retomar os cantos ás 19:30 horas, xa cos temas ben aprendidos. Como peche da xornada, celebrarase unha foliada aberta para quen queira tocar, cantar ou bailar, fomentando a participación e o ambiente festivo.
A actividade está dirixida a todos os públicos e resulta especialmente recomendada para familias. Ademais, este ano a asociación aproveitará a cita para realizar unha recollida solidaria de alimentos e produtos básicos en beneficio do Centro de Recursos Solidarios. O evento conta coa colaboración da Área de Cultura da Deputación da Coruña.