Episode Details
Back to Episodes
SECCIÓN TIC: Consellos clave para realizar compras online seguras e evitar sorpresas desagradables
Published 2 months, 1 week ago
Description
Na sección TIC de Radio Voz, a abogada especialista en tecnoloxías da información María Anidos Caibeiro deu hoxe claves para realizar compras online de forma segura. Durante a entrevista, lembrou que non todas as webs son fiables, aínda que aparezan como seguras con HTTPS, e alertou sobre os produtos que non se corresponden co anunciado.
Anidos recomendou comprobar sempre as reseñas en Google, revisar o aviso legal, a política de cookies, a política de privacidade e as condicións xerais de contratación. Estes elementos permiten coñecer quen está detrás da web, como se usan os datos e cales son os prazos de entrega ou os dereitos de desistimento de 14 días.
A especialista tamén advertiu sobre prezos excesivamente baixos, gastos de envío ocultos ou produtos que non inclúen o IVE, así como sobre a práctica de certas macrotendas internacionais de enviar artigos que non son orixinais. En resumo, insistiu en informarse ben, desconfiar de ofertas demasiado boas e non comprar "ao tolo" para evitar sorpresas e gastos innecesarios.