Episode Details

Back to Episodes
A Piruchela consolídase en Neda como espazo gastronómico e cultural interxeracional con máis de 70 socios e socias

A Piruchela consolídase en Neda como espazo gastronómico e cultural interxeracional con máis de 70 socios e socias

Published 1 month, 3 weeks ago
Description
A asociación gastronómico-cultural A Piruchela, situada na rúa Trovador Esquío 14 de Neda, iniciou o ano reforzando a súa aposta por converter o seu local nun espazo cheo de actividade e vida. A entidade, creada o pasado maio, conta xa con máis de 70 socios e socias, un crecemento que, segundo Leandro Lamas, un dos seus promotores, se produciu “con humildade, pero con moita actividade e buscando sempre a participación da xente”. A Piruchela naceu inicialmente cunha vocación gastronómica, inspirada en modelos como os Txokos vascos ou a Fame Negra de Ferrol, pero pronto ampliou horizontes incorporando propostas culturais e sociais. Hoxe funciona como un espazo interxeracional, aberto a persoas de todas as idades, fomentando a convivencia e o encontro arredor da cultura e da mesa. Entre as actividades que se desenvolven no antigo Mesón Estrobo destacan concertos en pequeno formato, xuntanzas para cantar, partidas de xogos de mesa e accións de divulgación de produtos locais, acollendo presentacións de produtores artesáns vinculados a A Fusquenlla. A boa acollida, segundo Lamas, baséase na creación dunha comunidade activa, participativa e con ganas de compartir.
Listen Now

Love PodBriefly?

If you like Podbriefly.com, please consider donating to support the ongoing development.

Support Us