Episode Details
Back to Episodes
O alcalde de Pontedeume anuncia melloras urbanas, novos aparcadoiros e obras de saneamento e escola unitaria
Published 8 months, 2 weeks ago
Description
O alcalde de Pontedeume, Bernardo Fernández Piñeiro, ofreceu este venres infromación sobre os proxectos e investimentos do municipio. Fernández destacou a finalización das obras no entorno da praia de Centroña, que permitirán reabrir a zona ao baño tras os traballos de saneamento. Tamén informou sobre a rehabilitación da antiga escola unitaria de Vizús, cuxo prazo de licitación está aberto ata o 4 de febreiro, e que permitirá dispoñer dun local social adaptado ás necesidades da veciñanza.
En materia de mobilidade, o rexedor explicou a adquisición de fincas para xerar máis de 100 prazas de aparcadoiro, compensando a eliminación de espazos noutras zonas como a Avenida do Ferrol e a Avenida da Coruña, así como a posibilidade de utilizar parcelas portuarias no futuro. Ademais, confirmou que se están ultimando os flecos do proxecto da nova ponte, co sistema de pilotaxe definido e negociación de prezos coa empresa, mentres persisten problemas de buratos que dificultan a circulación.
O alcalde avanzou que o orzamento de 2026 será superior ao do ano pasado, priorizando servizos sociais e a planificación dun auditorio municipal, unha infraestrutura demandada historicamente pola localidade.