Episode Details
Back to Episodes
Valdoviño celebra o Día de Rosalía coa inauguración do novo mural de Manuel Carballeira na contorna da praia pequena
Published 2 weeks ago
Description
O Concello de Valdoviño celebrou hoxe o Día de Rosalía coa inauguración do novo mural do artista local Manuel Carballeira, dedicado a Rosalía de Castro. A obra, inspirada no histórico billete da Fábrica Nacional de Moneda y Timbre que nos anos 70 converteu á autora na primeira muller non real en protagonizalo, está situada na contorna da praia pequena da Frouxeira.
O mural pasa a integrar o espazo rosaliano do municipio, xunto á Rosalía surfeira e outras interpretacións creadas por Carballeira. A peza inclúe textos e imaxes orixinais, como a estampa da praia no billete. O Concello anima á veciñanza a visitar a obra e sumarse á homenaxe.