Episode Details
Back to Episodes
BNG convoca unha caravana para reclamar o arranxo integral da FE-13 e alerta do perigo constante para os usuarios da vía
Published 2 weeks, 6 days ago
Description
Ante o avanzado estado de deterioro da estrada FE-13, o ramal estatal que comunica o polígono da Gándara coa área hospitalaria, o BNG anunciou a convocatoria dunha caravana reivindicativa para esixir o seu arranxo integral. A mobilización sairá o vindeiro sábado 21 ás doce do mediodía desde a praza de San Xoán e percorrerá este vial. A formación nacionalista denuncia que leva tempo advertindo de intervencións “provisionais e chapuceiras” que apenas duran uns meses e non solucionan o problema de fondo. Sinalan a presenza de fendas, fochancas, grava solta e unha deficiente sinalización horizontal, circunstancias que, segundo indican, constitúen un perigo constante para condutores e peóns. Por iso reclaman unha actuación completa e duradeira que garanta seguridade e unha conexión viaria en condicións axeitadas.