Episode Details

Back to Episodes
Ugía Pedreira presenta a segunda edición do Laboratorio de Cánticas Novas en Ortigueira, aberto a todos os artistas

Ugía Pedreira presenta a segunda edición do Laboratorio de Cánticas Novas en Ortigueira, aberto a todos os artistas

Published 1 month ago
Description
Ugía Pedreira foi hoxe protagonista nos micrófonos de Radio Voz para presentar a segunda edición do Laboratorio de Cántigas Novas, unha iniciativa do Concello de Ortigueira e do Festival do Mundo Celta. O Lab, que comeza o 21 de febreiro na Escola de Gaitas de Ortigueira, está aberto a persoas con sensibilidade artística interesadas na creación de cancións, sen necesidade de formación previa. Durante cinco meses, figuras como Óscar Gorriz, Dores Tembrás, Pedro Pascual ou Pablo Hernández acompañarán un proceso colectivo que mestura tradición oral, poesía contemporánea e novas sonoridades, co obxectivo final de presentar as composicións no propio festival.
Listen Now

Love PodBriefly?

If you like Podbriefly.com, please consider donating to support the ongoing development.

Support Us