Podcast Episode Details

Back to Podcast Episodes
Sons de Nós 12 de decembro de 2025 con Cibran

Sons de Nós 12 de decembro de 2025 con Cibran



Se vos dicimos que o rap galego está nun momento máis que vizoso non vos descubrimos nada novo. O rap en galego emerxeu con forza como un vehículo de expresión contemporáneo que conecta a cultura urbana coa lingua e a realidade de Galicia. Lonxe de ser un fenómeno illado, demostra unha vitalidade palpable, servindo como banda sonora para unha xeración que quere contar as súas historias. E se o xénero está en plena efervescencia non pode ser máis que o resultado das mentes inquedas dos músicos que están a crealo, este é o caso de Cibrán García, o o rapeiro santiagués, que é a metade de Boyanka Kostova. Cibrán ven de presentar os eu novo proxecto musical -e persoal- Saibran, e nesta andaina, acompáñase doutras dous figuras ben coñecidas, á vez integrantes de Mundo Prestigio: Julián Goicoa (baixo) e Fiz García (batería). Se na noitiña do 20 de decembro andades por Compostela ide coñecer a Saibran ao Mercado da Estrela. Coñecemos hoxe en Sons de Nós con Cibrán García, e falaremos deste novo alter ego musical que ven de crear.


Published on 3 days, 1 hour ago






If you like Podbriefly.com, please consider donating to support the ongoing development.

Donate