Visítanos hoxe en Sons de Nós un artista que poderiamos dicir que forma parte do panorama musical dende sempre, porque Anxo Araújo está curtido coma baixista en formacións coma Medomedá ou os Invisibles de Secho. Cando Anxo arrancou a súa carreira en solitario fíxoo cunha proposta de pop melódico con sintetizadores e presenza de instrumentos de vento como sinal de identidade. Para algunha xente a pandemia foi un parón demoledor pero para Anxo foi un momento de traballo brutal porque deu como resultado o seu primeiro disco, “Plan de Urbanismo para un novo couto mixto, un disco moi recoñecido dende o primeiro momento porque foi nominado a mellor disco de pop nos Premios Martín Códax da Música de Galicia e ademais animouno a dar o seguinte paso, formar unha banda para poñer a súa nova proposta nos escenarios. No 2024 chega o segundo disco de estudio, un álbum no que, aseguran, amosa o seu lado mais luminoso, Aprender a Bailar, para algúns, un dos mellores discos que se teñen producido en Galicia nos últimos tempos. “Buscando a canción perfecta, coa música correcta, un novo xiro de guión que faga que todo pareza que é máis amábel, máis por favor, que todo pareza que é moito mellor.”, esta era a afirmación de “canción perfecta” toda unha declaración de intencións neste tema que abre o primeiro disco de Anxo, "Plan de urbanismo para un novo couto mixto". Música elegante e luminosa que promete moito e moi bo.
Published on 2 months, 4 weeks ago
If you like Podbriefly.com, please consider donating to support the ongoing development.
Donate