Episode Details

Back to Episodes
Sons de Nós con Ulex 5 de setembro de 2025

Sons de Nós con Ulex 5 de setembro de 2025

Published 7 months, 1 week ago
Description
Aire fresco no noso estudio de gravación porque contaremos coa visita de Ulex, seguramente o grupo máis noviño en idade da música galega actual. Maniféstanse como a banda sonora perfecta para a vida de calquera adolescente galego, e diso saben porque son novos e valentes, e non teñen reparo en mesturar ese rock alternativo do que fan gala, con pop e cúmbia, quen dixo medo!!! As súas letras falan de amor, de desamor e de amizade e, aínda que a responsabilidade principal nas letras é de Xián (voz principal e guitarra rítmica), ten o arroupe de Mónica ao baixo, Martinho responsable da batería e voz principal do grupo e Tomás que é o guitarra solista e tamén aporta a súa voz aos coros. Solucionaron o problema da uniformidade nos directos coa elección dun mono de traballo coa estampación das letras que conforman o se nome, nada máis sinxelo, nin máis efectivo. Sobre o escenario frescura e espontaneidade como compre para a súa idade, e téñeno moi claro, veñen para quedar, definitivamente non é Rock "atolondrado".
Listen Now

Love PodBriefly?

If you like Podbriefly.com, please consider donating to support the ongoing development.

Support Us