Episode Details
Back to Episodes
Sons de Nós con SOS 20 de xuño de 2025
Published 9 months, 3 weeks ago
Description
SóS son un powerdúo de rock alternativo formado por Adrián Castro (batería e coros) e David Pita (baixo e voz principal), unha proposta emerxente aínda que os seus dous compoñentes contan con máis dunha década de experiencia e con máis dun lustro tocando e experimentando xuntos. Froito desa experimentación xurde a proposta na que traballan dende 2023.
Aseguran que son peculiares porque con só dous instrumentos fan soar o seu estilo sen necesidade de engadir ningún instrumento mais.
6 temas propios forman parte do seu primeiro EP que leva o nome de “Volume Un”, xa dando pistas de que hai un volume dous agardando xa para entrar no “forno”.
Este seu primeiro traballo xa está ao voso dispor en plataformas e tamén en formato físico pero estade atentxs, porque están preparando unha mini xira de presentación.