Podcast Episode Details

Back to Podcast Episodes
Sons de Nós con SOS 20 de xuño de 2025

Sons de Nós con SOS 20 de xuño de 2025



SóS son un powerdúo de rock alternativo formado por Adrián Castro (batería e coros) e David Pita (baixo e voz principal), unha proposta emerxente aínda que os seus dous compoñentes contan con máis dunha década de experiencia e con máis dun lustro tocando e experimentando xuntos. Froito desa experimentación xurde a proposta na que traballan dende 2023. Aseguran que son peculiares porque con só dous instrumentos fan soar o seu estilo sen necesidade de engadir ningún instrumento mais. 6 temas propios forman parte do seu primeiro EP que leva o nome de “Volume Un”, xa dando pistas de que hai un volume dous agardando xa para entrar no “forno”. Este seu primeiro traballo xa está ao voso dispor en plataformas e tamén en formato físico pero estade atentxs, porque están preparando unha mini xira de presentación.


Published on 5 months, 4 weeks ago






If you like Podbriefly.com, please consider donating to support the ongoing development.

Donate