Podcast Episode Details

Back to Podcast Episodes
Sons de Nós 22 de decembro

Sons de Nós 22 de decembro



“A nosa música é a máis molona” «Pakolas» é Paco Cerdeira,  produtor, compositor e intérprete, defínese a si mesmo como músico guitarreiro, e é o reponsable de que as nosas crianzas escoiten música a ritmo de rock e que sexan conscientes de que a música que Pakolas fai para eles é a máis molona. Paco leva case 20 anos adicándose ao público infantil, primeiro con Mamá Cabra, despois coa súa propia banda, A Gramola Gominola e tamén como narrador e intérprete en solitario.  No ano 2018, con Gramola Gominola, acadaron o Premio da Música Martín Códax na categoría Música Infantil, para os que xa foran nominados nos anos 2016 e 2017, e, neste 2023 que remata, na súa traxectoria en solitario foi o gañador do XIV Premio Rosalía de Castro da Deputación da Coruña que premia o compromiso coa lingua galega e finalista nos X Premios Martín Códax da Música na Categoría de Música Infantil. E da man de Ramona Órbita, unha muller labrega da Serra do Courel que posúe unha horta cibernética con patacas automáticas, e ademais ten unha máquina do tempo, coa que Pakolas homenaxea á súa bisavoa, crea un universo viaxeiro marabilloso que conforma a súa serie de libro discos.  Agardamos que desfrutedes tanto desta entrevista como nós.


Published on 2 years ago






If you like Podbriefly.com, please consider donating to support the ongoing development.

Donate