Não há estrelas no céu a dourar o meu caminho A proposta que o noso farmacéutico musical de cabeceira, Carlos de Castro nos ofrece, sigue a afondar na figura de Rui Veloso e do seu inseparable letrista, Carlos Tê, porque quedou moito por contar na nosa entrevista anterior do traballo musical que este tándem ten feito nestes anos. No programa que hoxe vos presentamos imos coñecer un dos seus discos máis senlleiros e da importancia que este álbum dobre tivo no panorama musical portugués, pero non só no musical. "Mingos & Os Samurais" contén algunha das cancións que forman parte da banda sonora das vidas dos portugueses. Considerado por moitos como un dos discos máis importantes da historia do rock portugués, "Mingos & Os Samurais" aborda as dificultades da adolescencia, temas ligados á política ou a crítica á globalización do rock, entre outros, a través das experiencias dunha imaxinaria banda de rock suburbana formado por un grupo de amigos. "Mingos & Os Samurais" saíu no verán de 1990 e é a realización dun soño antigo da parella musical Rui Veloso e Carlos Tê. O éxito foi clamoroso: disco de platino no mesmo día de edición, e en pouco máis de catro meses, chegou ás sete platinos.
Published on 1 year, 11 months ago
If you like Podbriefly.com, please consider donating to support the ongoing development.
Donate