Podcast Episode Details

Back to Podcast Episodes
Sons de Nós 23 de febreiro de 2023 con Luís Iñiguez

Sons de Nós 23 de febreiro de 2023 con Luís Iñiguez



É innegable que o mundo da música precisa da difusión dos medios para poder disfrutarse e espallarse, certo tamén que, en moitas ocasións só precisa do “boca orella” para ser un éxito. Pero tamén é certo que hai unha labor caladiña e constante dalgunhas persoas, divulgadores e apaixonados da música, que aos poucos e con constancia, van achegando os seus coñecementos ao público dun xeito totalmente distinto ás grandes “mass media”, unha labor impagable. E este é o caso de Luis Iñiguez, voz máis que autorizada e recoñecible no universo radiofónico galego xa que leva á fronte do programa 18 Rodas, que emite Radio Fene e Radiofusión dende hai nada menos que 40 anos. 18 Rodas é o único programa que continúa en antena dende aquel 1984 en que a emisora municipal iniciou as súas emisións. O estilo musical que lle interesa, e que nos achega, ten a melodía como centro de atención, o seu confesado “leit motiv” é que “a melodía é o que importa”, e razón leva. A súa proposta maioritariamente ofrece música en inglés e en castelán, pero tamén explora outros universos musicais, como o brasileiro. Ademais da experiencia radiofónica, 18 Rodas da para moitas máis cousas. 18 Rodas tamén é, foi xa que xa non se edita, un fanzine especializado, como non, en música, que Iñiguez dirixiu e no que contaba con colaboracións de varios tipos, unha interesante revista de pequeno formato que pasaba de man en man entre moitas persoas interesadas. En 2008, 18 Rodas convertese nun blogg que conta con 430 mil visitas e seguidores de moitas partes do mundo. Como non podía ser doutro xeito 18 Rodas tamén adoptou o formato de podcast para adaptarse ás novas formas que a radio presenta na actualidade. Ademais o programa emítese na programación habitual de moitas das Emisoras Municipais Galegas a través de Radiofusión. Luís é tamén o alma matter do grupo, “Los Huéspedes Felices” que nacía en 1993, e que conta cunha vizosísima produción discográfica, nada menos que 17 discos. Moi recomendable unha visita e escoita da súa produción musical, adicádelle un tempo, paga a pena. No blogg Luís afirma que a súa profesión é a de zahorí. A broma tórnase en realidade porque aínda non buscando auga, Luís pescuda os ríos, regatos e mares do universo musical atopando fontes das que convidármonos a beber e agasállanos con pezas deliciosas e, moitas veces pouco coñecidas, das músicas do mundo. Grazas, mestre!!


Published on 1 year, 9 months ago






If you like Podbriefly.com, please consider donating to support the ongoing development.

Donate