Podcast Episode Details

Back to Podcast Episodes
Sons de Nós Javi Maneiro 15 de marzo de 2024

Sons de Nós Javi Maneiro 15 de marzo de 2024



“Eu sigo tendo paixón pola música!!” Abordamos hoxe a segunda parte da entrevista con Javi Maneiro. A pasada semana prometiámosvos unha segunda dose da nosa conversa co músico, velaí a nosa promesa cumprida. No relato da pasada semana, Maneiro falaba da súa volta ás raíces, o seu retorno á escrita en galego e a facilidade coa que foron nacendo os temas de Un bonito despertar. Maneiro é un músico prolífico, cunha importante produción musical, tanto en solitario como Maneiro como coa banda que creou no 2005, Jabón Blue. Nas dúas experiencias musicais elaborou oito discos, catro con Jabón Blue e catro en solitario, proba irrefutable da capacidade de traballo do músico e da súa paixón pola música. Unha capacidade creativa e de produción musical que, sen embargo, non é suficiente para que, o músico poida vivir exclusivamente dos escenarios e que o obriga a compatibilizar a música con outras actividades laborais. Nós animámolo a esta nova andaina que inicia e agardamos poder seguir desfrutando deste romántico declarado, da súa enerxía nos directos e felicitándoo pola volta ás raíces que supón este “Un bonito despertar”.


Published on 1 year, 9 months ago






If you like Podbriefly.com, please consider donating to support the ongoing development.

Donate