Podcast Episode Details

Back to Podcast Episodes
Sons de Nós The Rapants 22 de marzo de 2024

Sons de Nós The Rapants 22 de marzo de 2024



The Rapants, unha "máquina deseñada para animar á xente fronte aos días tristes” Xanma, Samuel, Xaquín e Matías conforman "The Rapants", a banda orixinaria de Muros que se desliza entre o pop, o garage, a veces ao rap, pero sempre, sempre, coa intención de facer bailar ao público. A banda empeza a súa andaina no 2018 e xa nese mesmo ano gravan un EP, “Que fluya”, e no 2019 o voso primeiro longo, “Cariña de raposo”, un disco con letras en galego e moita diversión. A pandemia supuxo para eles un revulsivo porque permitiu que tivesen tempo para preparar cancións e adicarlle tempo a compoñer e redondear o proxecto. Froito dese traballo de maduración veu a luz no pasado ano, “O corasón como un after”(2023), un disco que lles deu moitas alegrías porque con el o acceso ao público empeza a medrar.  Estrean 2024 coa presentación de “La máquina del buen rollo”, un disco ao servizo do baile, da diversión e, como o seu nome indica, do bo rollo. Un disco para o que, ademais, contaron coa colaboración de amigos e amigas como Sara, de Fillas de Cassandra, ou con Nuno Pico, de Grande Amore, que  compuxo para eles o tema “Cando Pensa en Min”.  E seguramente o segredo do seu éxito sexa precisamente o bon rollo que rebordan, porque a súa actitude está a facelos merecedores de acadar candidaturas de premios cun nexo común, as nominacións veñen da man de votacións previas do público ou do propio sector.  Velaí que sexan finalistas para os premios Mestre Mateo deste ano no apartado de mellor videoclip con Fai tempo, canción que tamén os converteu en finalistas a mellor canción galega do ano no aRitmar Galiza Portugal e agora acaban de ser nomeados a mellores artistas emerxentes nos premios MIN da música independente, un emocionante momento que compartimos durante a gravación do programa.  The Rapants teñen moitas gañas de divertirse no escenario e, ademais, un fantástico obxectivo de “animar á xente fronte aos días tristes”. Poderemos comprobalo e desfrutalo na xira que xa empezan esta fin de semana con dous “todo vendido” nos seus primeiros concertos. Os nervios non van facer mal, porque a máquina del buen rollo está ben engraxada.


Published on 1 year, 9 months ago






If you like Podbriefly.com, please consider donating to support the ongoing development.

Donate