Episode Details

Back to Episodes
Sons de Nós 17 de maio Fuxan os Ventos

Sons de Nós 17 de maio Fuxan os Ventos

Published 1 year, 10 months ago
Description
Pode resultar chocante que un dos grupos máis reivindicativos, militantes e comprometidos coa música, a cultura e a lingua galega veu nacer aló polo 1972 dentro do coro que existía no Colexio Menor do Santísimo Sacramento de Lugo. Dentro dese coro formouse un grupo de rapaces e rapazas, Folk 72, que participou no III Festival musical das San Lucas de Mondoñedo, onde gañaron o primeiro premio co tema "Fuxan os ventos". A partir de entón adoptaron este nome para o grupo e naceu para a historia da cultura galega Fuxan os Ventos. Un grupo de culto e que, sen dúbida, ademais de ter influenciado no devir da música galega, ten sido participante activo na defensa da cultura de Galicia. Tivemos a sorte infinita de poder compartir un tempo de charla con Tereixa Novo, unha das privilexiadas voces de Fuxan os Ventos dende o mesmo momento do seu nacemento, con ela coñeceremos un pouco máis a un grupo que marcou un país. O poeta rianxeiro Manuel Antonio dicía en Sempre e máis despois “Algo das palabras grávase no vento”. Con certeza moitas das cancións de Fuxan os Ventos están gravadas a lume nos corazóns de varias xeracións de galegas e galegos. O inesquecible Fran Pérez Narf dicía que Fuxan os Ventos son o noso patrimonio, e que se Gran Bretaña está orgullosa dos Stones, porque non podemos nós estar fachendosos de Fuxan. E vaites que tiña moita razón.
Listen Now

Love PodBriefly?

If you like Podbriefly.com, please consider donating to support the ongoing development.

Support Us