Psicodelizar a Ronda das Mazaricas foi o punto de partida para que Moura empezara a facer a súa música en galego. O rock progresivo e a psicodelia son as ferramentas coas que Moura se presenta no escenario, e faino mesturando a herdanza druídica da nosa cultura, os mitos, os ritos e a mitoloxía pagáns da nosa cultura. Moura son Diego Veiga, Hugo Santeiro, Fernando Vilaboy, Brais do Rei , Pedro Alberte Aguado e Belém Tajes e iniciaron a súa andaina no 2014. O ano pasado recibiron o recoñecemento dun Premio Martín Códax máis que merecido.
Published on 1 year, 2 months ago
If you like Podbriefly.com, please consider donating to support the ongoing development.
Donate