Nanan é Renan Aurélio Ferreira Zanatta, un músico brasileiro con tantas facetas que é imposible abarcalo nun só programa. Porque Nanan é músico e compositor pero tamén é docente, luthier e un créente convencido do poder sanador das cancións e da súa enerxía máxica. Nanan é, sobre todo isto, un ecoloxista convencido de que a conexión coa terra é imprescindíbel. As súas cancións, tentan establecer unha conexión entre o pasado e o futuro do noso fogar común, a Terra. A diversidade por bandeira nas súas pezas, nesta música que ten na tradición latinoamericana a súa fonte pero que podería ter bebido de fontes máis afastadas sen problemas de identidade. De feito, aínda que o seu proxecto musical principal é en solitario, forma parte da Kosmik Band, músicas do mundo e mantras, que difunde novos sons cun cancioneiro adicado á natureza e ás tradicións humanas, musicando os mantras que utilizan na India. A súa labor docente en Playing for School Change en Brasil, forma parte de esa faceta de educador a través da música en proxectos que pretenden colaborar coa formación das comunidades máis desfavorecidas a través da educación musical. As colaboracións de Nanan con outros artistas lévano tamén a traballar con Luizga e Gustavito, dous recoñecidos músicos brasileiros cos que, baixo o nome de ‘O Destino do Clã’ ven de editar un disco homónimo no pasado ano 2023. Puidemos contar coa participación de Nanan en Sons de Nós porque está a facer unha xira por Europa, na que demostra o poder dun músico cunha guitarra e a súa voz como ferramentas, poderosos elementos que son quen de removernos por dentro e sementar mensaxes que non poden deixar de atenderse.
Published on 1 year, 1 month ago
If you like Podbriefly.com, please consider donating to support the ongoing development.
Donate