Episode Details
Back to Episodes
Sons de Nós A Pedreira 15 de novembro de 2024
Published 1 year, 5 months ago
Description
Difícil traballo presentar a A Pedreira, porque falar dela é falar dunha muller tan poliédrica e con tantas facetas que resumir unha presentación non é sinxelo, aínda que é un auténtico pracer.
María Eugénia Pedreira Sanches, Ugía, A Pedreira, naceu na Mariña Luguesa, en Vilaronte (Foz), e iso xa é dicir algo, porque o territorio marca. Ugía sempre sentiu cantar na casa, a súa nai cantaba “e cantaba ben”, segundo a propia Ugia.
A Pedreira é unha cantautora das de verdade. Pode que isto sexa así porque coida a escrita e as palabras pero tamén porque non ten medo a pescudar e mesturar xéneros musicais e influencias de calquera tipo. A súa versatilidade consegue enriquecer o panorama da música galega grazas á súa capacidade de mestura de xéneros musicais. É, con toda seguridade, unha das precursoras da nosa música e ademais é innegábel que segue a estar na vangarda coas súas propostas.