Podcast Episode Details

Back to Podcast Episodes
Sons de Nós 22 de novembro de 2024

Sons de Nós 22 de novembro de 2024



O respecto aos saberes e sonoridades dos mestres populares e das manifestacións auténticas do Brasil son o referente que Kátya imprime nas súas músicas. Das súas andanzas polo Brasil rescata saberes e sonoridades que incorpora a súa musicalidade, dende o respecto aos mestres populares e as manifestacións culturais do Brasil. Kátya Teixeira, que cumpre este ano 30 anos no mundo da música, e está compartindo esta experiencia cunha xira que a ten levado por Europa coa que conmemora a súa traxectoria artística atopando amigos e trocando saberes. A xira estivo chea de concertos pero tamén de talleres formativos e gravacións que, a bon seguro, darán lugar a novos traballos. Kátya Teixeira desenvolve a súa música bebendo na fonte da música latina, da cultura popular brasileira e súas orixes e achéganos toda esa riqueza nunhas pezas cálidas e poderosas.


Published on 1 year ago






If you like Podbriefly.com, please consider donating to support the ongoing development.

Donate