Episode Details
Back to Episodes
Sons de Nós con Brais das Hortas 29 de novembro de 2024
Published 1 year, 4 months ago
Description
Brais Gutiérrez é músico e cómico desde 1996, aínda que seguramente as dúas facetas véñenlle de serie. Toca a guitarra eléctrica, clásica, acústica e portuguesa, o laud árabe, a frauta chinesa, o caixón, a frauta chinesa, batería de refugallo, darbouka, karkaba, …
Pero ademais compón músicas e letras e artella espectáculos para público infantil, aquí a súa personalidade como Brais das Hortas, tanto en solitario como, por exemplo, con Peter Punk, nos que é quen de “capturar” ao público familiar por igual ofrecendo música divertida e textos con mensaxe que ademais de divertir fannos pensar.
Cando xurde o seu “alter ego” adulto, Pepe King une forzas coa diva Bieita James, Iseo Agilda, e ofrécennos ese dúo estelar que é Blues do País.
Neste episodio de Sons de Nós tivemos a sorte de conversar con Brais Gutiérrez, un cómico – músico que dificilmente pode separar as dúas facetas e sempre, sempre, nos fai feliz.