Podcast Episode Details

Back to Podcast Episodes
Sons de Nós con Pablo Díaz 17 de xaneiro 2025

Sons de Nós con Pablo Díaz 17 de xaneiro 2025



Pablo Díaz é moitas cousas, cantante, compositor, educador e tamén investigador do folclore tradicional galego. Desde moi novo estuda e ensina materias relacionadas co baile e a música tradicional e domina instrumentos varios como a gaita, o clarinete, diversas percusións tradicionais e, por suposto, a voz. Na súa vagaxe musical compre mencionar a súa participación en grupos de música tradicional e folk como Donaire, Ruote, Entrecaixas e Tátara Trío, pero hoxe Pablo Díaz é o noso convidado en Sons de Nós Con porque adica a súa produción musical ao público infantil e xuvenil e, xa o sabedes, en Sons de Nós temos especial empeño en visibilizar o traballo que está a facerse en Galicia para o público miúdo, porque merece que se lle preste atención. Pablo Díaz debuta como músico con TIC TAC, en 2009 un libro disco que edita coa editorial Kalandraka e que foi apadriñado polo músico Santiago Auserón, a partir dese momento a súa carreira céntrase na produción de música adicada ás crianzas. Unha adicación que lle valeu o recoñecemento do mundo musical ao mellor traballo de música infantil nos premios Martín Códax 2014. E o traballo continúa ata o momento, con cinco discos e outros tantos espectáculos cos que é quen de conquistar a pequenos e maiores. Pena non poder voltar á infancia.


Published on 11 months ago






If you like Podbriefly.com, please consider donating to support the ongoing development.

Donate