Podcast Episode Details

Back to Podcast Episodes
Sons de Nós con Lucía Aldao 24 de xaneiro de 2025

Sons de Nós con Lucía Aldao 24 de xaneiro de 2025



Pava é a banda liderada por Lucía Aldao que conta con Analís Guillín na batería, David Santos no baixo e Pablo Silva na guitarra e veñen de presentar o seu terceiro traballo, un EP que leva por título 3, seguindo a serie dos anteriores (PAVA 1 e PAVA2). O inicio no mundo da música de Lucía veu dun xeito moi natural, as cancións saíron de forma tan natural como os poemas e, aínda que Lucía nunca pensou en crear unha banda, todo veu rodado porque o éxito de PAVA 1, que naceu como unha proposta en solitario, fixo que aquel, “poñer un pé no mundo da música” tivese continuidade facendo necesario xirar polos escenarios a presentar, agora, o seu traballo musical. PAVA nace como resposta a esa necesidade de ter presenza no escenario dun xeito máis pleno. E neste PAVA 3 xa están todas, a banda ao completo fixo seu o proxecto e está detrás de todo, non tanto da composición, que segue a ser de Lucía, pero si nos arranxos e nas melodías e “en mil cousas máis”. PAVA, lonxe de parecerse a esa moza ou muller en proceso de evolución e formación, é xa un proxecto evolucionado, claramente asentado e moi serio, aínda que algún dos títulos das súas cancións esperten o noso sonriso.


Published on 10 months, 3 weeks ago






If you like Podbriefly.com, please consider donating to support the ongoing development.

Donate