Podcast Episode Details

Back to Podcast Episodes
Sons de Nós con Javi Maneiro 31 de xaneiro de 2025

Sons de Nós con Javi Maneiro 31 de xaneiro de 2025



Cando falamos de Javi Maneiro inevitablemente vennos á cabeza Heredeiros da Crus, porque, dende o mesmo momento da súa formación el é o vocalista principal formación. Pero a súa carreira musical vai máis aló diso, como amosan os catro discos editados con Jabón Blue, a banda que Maneiro fundou cando, no ano 2005, Heredeiros decide separarse. E, a pesar do regreso dos “máis jrandes”, de volver a poñer a súa voz aos Heredeiros, Javi Maneiro coida a súa carreira en solitario, reafirmándose como "Maneiro" e nesa etapa edita tres discos en solitario, todos con pezas propias. Maneiro ten, dende entón, entidade propia e así o quere Javi, o fillo da Necha, porque esta é a súa identidade musical, sen renunciar ao que supón ser a voz de Heredeiros da Crus, un espazo de confort, con amigos dos de verdade, que quere seguir a compaxinar. No pasado 2023 Maneiro editou o que é o seu cuarto disco en solitario, “Un bonito despertar”, un disco que é algo máis que unha aposta musical porque foi para o músico “unha volta ás raíces”. Agora ven de presentar o sinxelo “Anxos no inferno”, unha peza que “custou sacar” e que é un recoñecemento a quen o coidou durante o tempo que estivo ingresado como consecuencia da doenza cerebro vascular que o mantivo afastado dos escenarios durante un tempo. Anxos no inferno é unha oda ao poder sanador dun sorriso pero tamén é un punto de inflexión para Maneiro, un punto e aparte para dar paso ao que está por vir. De momento, neste 2025, poderemos volver a velo en solitario nos escenarios, pero tamén volverá a poñer a súa voz ao servizo de Heredeiros da Crus.


Published on 10 months, 2 weeks ago






If you like Podbriefly.com, please consider donating to support the ongoing development.

Donate