Podcast Episode Details

Back to Podcast Episodes
Sons de Nos Tocadoras 21 de febreiro de 2025

Sons de Nos Tocadoras 21 de febreiro de 2025



Con esta pregunta como ponto de partida nacía, Somos Pandeireteiras, un proxecto de pensamento, articulación social e cultural promovido pola investigadora, pandeireteira e compositora Mercedes Peón; unha iniciativa na que non estaba soa, senón que contou con tres agrupacións de pandeireteiras da provincia da Coruña: Raigañas de Cerqueda (Malpica de Bergantiños), Xirifeiras (Fene) e a Asociación Cultural Rosalía de Castro (Padrón). Este proxecto, que nace como elemento de dinamización cultural pero tamén de reivindicación, ven dar como froito á Asociación de Tocadoras de Galicia Somos Pandeireteiras. Gisela Sanmartín, Mercedes Peón e Ana Fernández, preséntannos, nesta edición de Sons de Nós, algún dos proxectos nos que están a traballar como é a creación dun rexistro de pandeireteiras para poder coñecer en profundidade o que realmente xa se sabe, que as mulleres temos sido tradicionalmente “tocadoras” e xa é tempo de coñecer dimensión desta realidade. De antigo os quefaceres diarios facíanse cantando, cantábase na eira, nas leiras, nas cociñas, nos lavadoiros. Voces de mulleres, moitas veces analfabetas, letristas espontáneas e transmisoras anónimas dunha herdanza inmaterial invaluable. Un legado que Somos Pandeireteiras quere recoller e amplificar, darlle a auténtica dimensión que este traballo tivo para a transmisión da nosa identidade cultural.


Published on 9 months, 4 weeks ago






If you like Podbriefly.com, please consider donating to support the ongoing development.

Donate